O alcalde Manuel Regos acompañounos na excursión
Cen maiores de Ordes participaron esta fin de semana nunha excursión a Allariz, organizada pola Asociación da Terceira Idade de Ordes en colaboración coa Concellería de Asuntos Sociais. Os maiores ordenses aproveitaron para visitar Allariz, percorrer o seu casco histórico e visitar un total de catro museos na vila. En Allariz tamén tivo lugar o xantar e o seu posterior baile. Xa pola tarde, e antes de emprender a viaxe de volta a Ordes, os maiores visitaron O Carballiño.
As frases de Ana Álvarez, concelleira de Asuntos Sociais de Ordes
"Amósome moi satisfeita polo éxito desta actividade debido ao elevado número de participantes e porque todas as persoas desfrutaron de todas as actividades organizadas ao longo da xornada"
"Este tipo de actividades serven como medio para que as persoas disfruten e se relacionen no seu tempo libre ao tempo que coñecen valores culturais e históricos de Galicia"
*