A exposición “Un mundo de auga” poderá visitarse na Casa da Cultura de Ordes ata o vindeiro 10 de abril
Medio cento de rapaces e rapazas do IES Maruxa Mallo, de entre 12 e 13 anos de idade, participaron hoxe mércores na xornada “A auga e nós: un equilibrio vital”, organizada polo Concello de Ordes. Unha xornada celebrada na Casa da Cultura e que estivo presidida polas concelleiras de Educación, Silvia Marín, e Terceira Idade, Ana Álvarez.
A mostra ofrece, a través de varios paneis gráficos, información sobre a importancia da auga no comezo da vida e no desenvolvemento dos seres humanos, as características dos ecosistemas acuáticos (ríos, lagos ou gándaras) ou como a acción humana ten degradado o ciclo da auga, tanto en cantidade coma en calidade. Unha exposición que poderá visitarse na Casa da Cultura ata ao venres 10 de abril.
Os rapaces asistiron tamén á presentación do libro “Que me dis de... a auga”, editado por Nova Galicia Edicións. Carlos del Pulgar Sabín, editor de Nova Galicia Edicións, sinalou que este traballo forma parte dunha liña editorial iniciada en 2005 e que pretende “tratar temas de actualidade dende un punto de vista didáctico e aportar solucións aos problemas do día a día empregando unha linguaxe actual”.
A xornada rematou cunha conferencia titulada “A auga e nós: un equilibrio vital”, a cargo de Verónica Campos García e Andrés Burgos Delgado, educadores ambientais do CEIDA. Nela, explicaron a importancia dun consumo responsable do auga e do papel fundamental da mesma para o mantemento da vida no planeta.
A xornada rematou cunha conferencia titulada “A auga e nós: un equilibrio vital”, a cargo de Verónica Campos García e Andrés Burgos Delgado, educadores ambientais do CEIDA. Nela, explicaron a importancia dun consumo responsable do auga e do papel fundamental da mesma para o mantemento da vida no planeta.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
“Gran parte da poboación mundial non dispón dun recurso básico e que ás veces nós non lle damos a importancia que ten porque é de doado acceso"
*