lunes, 16 de marzo de 2009

As mulleres de Ordes e Marrocos, xuntas da man da concelleira Ana Alvarez

.
As marroquíes presentaron os produtos típicos da súa gastronomía ás mulleres ordenses

Unha vintena de mulleres, entre inmigrantes e veciñas de Ordes de toda a vida, participou na tarde do venres no “Encontro Intercultural de Mulleres” celebrado pola Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes no Centro Social da Terceira Idade. Durante aproximadamente dúas horas e media, estas mulleres presentaron unha serie de produtos típicos das súas culturas que trouxeron específicamente para esta cita, explicando os seus nomes e como se facían.

Ademais desta degustación gastronómica, acompañada por té marroquí, estas mulleres participaron tamén nun baile no que se alternou a música árabe coa música tradicional galega. Un momento no que ambos colectivos aproveitaron para ensinarse mutuamente os pasos correspondentes e mesmo se animaron a botar unhas bailas.

As frases de Ana Alvarez, concelleira de Muller de Ordes
"Este tipo de iniciativas permiten non só fomentar a participación social do colectivo migrante, especialmente do marroquí, nas actividades que organizamos, senón tamén que poidan intercambiar as súas experiencias e integrarse coas demais veciñas do municipio"

A frase de Nazaret González, directora do Centro de Información á Muller
"As participantes comprobaron que, a pesares das diferencias iniciais, realmente a maioría dos pratos utilizaban productos moi comúns e decatáronse que cos mesmos ingredientes se poden facer cousas moi diferentes"

“O certo é que quedamos bastante sorprendidos, xa que ao principio semellaba que estaban todas un pouco á expectativa pero despois pasáronno moi ben, mesmo intercambiaron parellas de baile, e pensamos que volverán a repetir esta experiencia"

*