Os técnicos da concellería de Medio Ambiente colocaron un total de sete caixas-niño
Trátase dunha iniciativa levada a cabo polo Concello de Ordes e Internaco
Un total de oitenta nenos e nenas do CEIP do Mesón do Vento son os primeiros escolares de Ordes en colocar as súas caixas-niño para paxaros, unha iniciativa que está a levar a cabo o Concello en colaboración coa empresa Internaco e que xa fora presentada o pasado 21 de xaneiro.
A frase de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"O obxectivo do Concello de Ordes é que os nosos rapaces poidan agora seguir o proceso de cría das aves que aniñen nesas árbores que teñen ao redor do seu colexio e que aprendan como poden influir de xeito positivo na natureza"
*