Se adecentou o parque infantil e se arranxaron os problemas de humidades e goteiras
O alcalde Manuel Regos, o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, e os concelleiros de Industria e Terceira Idade, Xosé Manuel Tobío e Ana Álvarez, inauguraron esta mañá as obras de reforma do local social da parroquia de Pereira. Uns traballos que consistiron no adecentamento dun recinto para parque infantil e o arranxo da escola unitaria, que presentaba serios problemas de humidade e goteiras.
A frase de Xesús Pedreira
"Nunha segunda fase imos dotar a este local social do mobiliario axeitado para que poida ser máis utilizado polos veciños e veciñas de Pereira. Nunha terceira, esperamos poder dotalo de acceso a Internet"
*