sábado, 7 de febrero de 2009

O Director Xeral de Xuventude, Rubén Cela, visitou Ordes

Nun acto organizado polo BNG ordense sobre políticas xuvenís

O BNG ordense organizou o pasado xoves un acto no restaurante El Túnel sobre mocidade e políticas xuvenís que contou coa presenza do director xeral de Mocidade e Solidariedade da Xunta de Galicia, Rubén Cela.

Quen é Ruben Cela?
Rubén Cela Díaz (Lugo, 1979), é licenciado en Economía pola USC. Ten realizado estudos de postgrao de especialización en Dereito Tributario. Participou no movemento estudantil nacionalista, primeiramente nos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e, posteriormente, nos Comités Abertos de Facultade (CAF), formando parte, en diferentes ocasións, dos órganos da Facultade de Economía en representación do alumnado.
No ano 2000 foi elixido secretario xeral de Galiza Nova -organización xuvenil do BNG-, cargo que ocupou ata o ano 2004. Foi membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego entre os anos 2000 e 2006.
Na actualidade é Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, departamento dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.


*