martes, 10 de febrero de 2009

"Como lle afectará a Ordes o resultado das eleccións autonómicas?" A resposta este xoves en Radio Ordes

.
A emisora convida a un novo debate, nesta ocasión sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia

Será este xoves 12 de febreiro ás 17 horas no 107.2 FM

Comparecerán ante os micros, Teodosio Martino (PPdeG), Xesús Pedreira (PSdG-PSOE), Gonzalo Castro (BNG) e Manuel Astray

Este xoves 12 de febreiro, o director de Radio Ordes, Pablo Quinteiro, convidará a catro dos máis destacados políticos locais para entrar a debatir sobre a inminente cita dos ordenses coas urnas do 1 de marzo nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

Quinteiro buscará do popular e ex alcalde Teodosio Martino; do tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, o socialista Xesús Pedreira; de Gonzalo Castro, portavoz municipal dos nacionalistas ordenses; e de Manuel Astray, portavoz do goberno municipal, unha análise sobre os diferentes programas das principais formacións políticas que concurren ás eleccións e como estas, ademáis do resultado dos comicios, afectarán ao noso municipio.

Este xoves 12 de febreiro, ás 17 horas no 107.2 FM
A cita terá lugar na emisora municipal de Radio Ordes, no primeiro andar da Casa da Cultura, este xoves ás 17 horas, e será emitida en directo dende o 107.2 FM.


*