viernes, 6 de febrero de 2009

Adega agradece ao BNG que levara adiante a súa proposta

.
Rey amosa a súa satisfacción porque o BNG "recollera a proposta de Adega"

A asociación ecoloxista agarda agora "que os demáis concellos afectados se personen la causa xudicial"

Despois do pleno municipal polo que aprobouse por unanimidade a persoación do Concello de Ordes como acusación particular na causa penal aberta contra Sogama por un presunto delicto contra o Medio Ambiente, a presidenta comarcal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), Montserrat Rey, amosou o agradecemento da organización ao BNG ordense por “conseguir que o Concello de Ordes se persone na causa xudicial aberta contra Sogama pola contaminación do río Lengüelle”. Agora agardan polos demais concellos afectados polos vertidos a que se personen no procedemento xudicial, "en especial os de Tordoia e Cerceda", según declarou Rey.

A frase de Montserrat Rey
"Amoso a miña satisfacción porque o BNG de Ordes recollese a proposta de Adega de solicitar o persoamento xudicial dos Concellos afectados pola contaminación do río Lengüelle e presentase unha moción no Concello de Ordes, que foi aprobada polo seu Pleno"
*