Xesús Pedreira: "É importante de cara á definitiva modernidade de Ordes que Galicia teña un presidente socialista"
Iniciamos con esta, unha pequena serie de entrevistas e reportaxes sobre os líderes políticos municipais en vistas á inminente cita dos ordenses coas furnas do vindeiro 1 de marzo. Hoxe falamos con Xesús Pedreira, secretario xeral da agrupación socialista local, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Sanidade e Medio Rural do Concello de Ordes.
Por que pensa que é bo para Ordes que Galicia teña un presidente socialista?
Para Ordes é moi importante que Emilio Pérez Touriño sexa de novo presidente da Xunta de cara a dar o salto definitivo á modernidade que se iniciou dende esta pasada lexislatura. Ordes necesita dun goberno na Xunta tan inversor coma nunca antes existira, e parte deste esforzo xa se ven materializando en tantos proxectos que naceron baixo a xestión do goberno socialista.
.
"Xa hai comprometidos dous millóns de euros para as obras da circunvalación"
Concretamente, que proxectos poderá coñecer Ordes cun PSdG forte no Parlamento de Galicia?
Trátanse todos eles do desenvolvemento de proxectos en vistas á modernización da vila. Proxectos que van marcar o futuro dos ordenses como vai ser o Plan Xeral de Ordenación Urbana, o parque empresarial, as obras da tan solicitada circunvalación de Ordes, onde xa están comprometidos dous millóns de euros, e as obras da Cidade deportiva que nunca antes tivera Ordes. Tamén poderemos remodelar o tanatorio municipal e construír dous velatorios máis, moi necesarios.
.
Tamén as obras na Alameda dan moito que falar entre os veciños. Que se construirá definitivamente baixo a Alameda?
Toda a zona Alameda vai sufrir unha importante remodelación. Na parte de abaixo haberá unha sala de exposicións moi necesaria tamén en Ordes, onde non existiu nunca un lugar para albergar mostras culturais. Pero ademáis das obras na Alameda tamén é importante destacar as obras de ampliación na Casa do Concello, xusto ao seu carón.
.
"Agardamos continuar coa estreita colaboración coa Consellería de Medio Ambiente"
Boa parte desta lexislatura municipal estase destacando pola xestión medioambiental levada a cabo pola concellería de Medio Ambiente, nas súas mans. Por que plans agarda de producirse a victoria socialista o 1 de marzo?
Agardamos continuar con esta estreita colaboración entre a nosa concellería e a Consellería de Medio Ambiente que xa posibilitou en todo este tempo importantes obras. De cara ao futuro inmediato, xa está licitada a nova area fluvial recreativa sobre o río Mercurín, onde serán 30.000 os metros de zona verde. Plantexamos tamén a creación dun area recreativa no Recreo, onde haberá un parque biosaludable.
.
Lle consta que Pérez Touriño coñece a realidade de Ordes? Si, e non sólo o presidente Touriño senón tamén os membros do seu goberno. Nos últimos meses, por Ordes xa pasaron, ademáis de conselleiros, ministros como a de Medio Ambiente e Agricultura, Elena Espinosa, que tivo unha xuntanza con máis de mil gandeiros na súa visita, e que posibilitou en boa medida o convenio asinado coa Consellería de Medio Rural de desenvolvemento do medio rural.
Tamén Méndez Romeu é un bo amigo de Ordes. A súa consellería de Presidencia posibilitará as obras de ampliación da Casa do Concello de Ordes, e xa antes aportara un camión elevador de bombeiros e novos coches da policía.
.
Que me pode dicir da lista do socialistas da provincia de A Coruña? Quenes velarán por nós no Parlamento de Galicia?
Pois ademáis da número 1 da provincia, Mar Barcón ou mesmo o conselleiro Méndez Romeu, temos no número 5 a Silvia Fraga, que se os de Cerceda din que van ter unha deputada, nós podemos dicir o mesmo porque ela estudou aquí, ten amigos aquí e fai moita vida aquí en Ordes. Tamén estarán pola comarca compostelá Xaquín Fernández Leiceaga, e Luis Toxo. Ordes estará moi ben representado no Parlamento Galego.
.
As enquisas dan entre un 15 e un 20 por cento de indecisos. Que lle diría a eses tantos veciños e veciñas para que se decidan a votar ao PSdG-PSOE?
Eu pídolles o voto para o PSdG-PSOE porque co PSOE teremos capacidade para mellorar no emprego, traballo, educación e sanidade de todos e todas.
*