Gonzalo Castro: "A Galescola e o Centro de día de Ordes poderán ser unha realidade cun BNG máis forte no goberno galego"
.
Tareixa Novo: "A lexislatura que ven será na que os galegos e galegas se poderán beneficiar dos dereitos e prestacións recoñecidos pola Lei de Dependencia"
O BNG ordense celebrou hoxe un acto informativo cos maiores e dependentes do noso Concello, onde se explicaron as políticas de Benestar da Vicepresidencia da Xunta.
O acto contou coa intervención de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG; Charo Fernández Velho, candidata do BNG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia; e Tareixa Novo, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, quen realizou un repaso ás políticas de Benestar realizadas desde a Vicepresidencia de Xunta na lexislatura 2005-2009, destacando a construcción de 53 Centros do Día, o que supón, segundo a delegada, "un avance sen precedentes nas políticas públicas de atención aos nosos maiores”.
Novo salientou tamén a creación do servizo de Xantar na Casa e do transporte adaptado do 065, ademáis de informar e resolver as consultas dos asistentes sobre cuestións relacionadas coa aplicación da Lei de Dependencia.

"A vindeira lexislatura será a lexislatura na que todos os galegos e galegas se poderán beneficiar dos dereitos e prestacións recoñecidos pola Lei de Dependencia"
"O BNG xa conseguiu corrixir na negociación dos Orzamentos do Estado para o 2009, coa consecución de 60 millóns de euros para a atención dos Dependentes"
"É necesario abordar unha reforma do Estatuto de Autonomía que permita a Galiza contar cun financiamento axeitado para dar atención aos maiores e dependentes do noso país, algo que forma parte dos obxectivos fundamentais do BNG para a próxima lexislatura"
A frase de Charo Fernández Velho, candidata ao Parlamento
"O BNG foi o auténtico motor do goberno galego na consecución de avances na igualdade real entre o homes e mulleres"
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"En Ordes xa poderíamos contar na actualidade cun Centro de Día e unha Galescola, se non fose porque o Goberno Municipal se nega a integrarse no Consorcio Galego de Servizos para o Benestar e a Igualdade da Vicepresidencia da Xunta"
"O Centro de Día e a Galescola en Ordes poderán ser unha realidade na vindeira lexislatura se o BNG ten máis forza no goberno galego"
*