.
Xa está confirmada a presenza de
Mar Barcón xunto a Xesús Pedreira, aínda que o PSdeG confía en contar con outros destacados nomes
O PSdeG-PSOE xa ten data para o seu mitin da campaña das eleccións ao Parlamento de Galicia, o xoves 26 de febreiro. Actuará nesta especial ocasión como anfitrión o tenente de alcalde, Xesús Pedreira, e segundo as fontes oficiais, xa está confirmada a presenza da número 1 coruñesa, Mar Barcón, quen podería estar acompañada de outros destacados membros do partido, entre os que podería destacar, -aínda sen confirmar- algún nome da primeira fila do socialismo galego.
Seguiremos informando e agardando pola confirmación dos intervintes definitivos no mitin electoral do PSdeG-PSOE.
Foto: A socialista coruñesa Mar Barcón
*