A Concellería de Medio Ambiente destaca a "gran acollida" que está a ter a campaña de recollida e reciclaxe de teléfonos móbiles
Os rapaces do colexio do Mesón do Vento participaron na campaña
Os contenedores de recollida de móbiles e tecnoloxía obsoleta cumple o seu primeiro mes na vila. Neste tempo, o contedor ubicado na Casa do Concello está xa á metade da súa capacidade, mentras que o contedor móbil supera o 35% despois de pasar os últimos días no CEIP do Mesón do Vento. Aló os pequenos non só puideron desfacerse dos móbiles antigos das súas casas, senón que participaron en diversos xogos paralelos facilitados dende a Fundación Tragamóvil.
Ordes, o primeiro da provincia
Estes contedores forman parte da campaña Tragamóvil, posta en marcha pola Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica y Comunicaciones (Asimelec). O Concello de Ordes é o primeiro da provincia da Coruña que ofrece este servizo aos seus veciños.

*