lunes, 23 de febrero de 2009

Mitin do BNG mañá martes con Francisco Jorquera

Terá lugar ás 21 horas de mañá martes no restaurante O Túnel

O BNG ordense prepara o seu mitin electoral para mañá martes 24 de febreiro ás 21 horas no restaurante O Túnel. O seu portavoz municipal, Gonzalo Castro, estará acompañado nesta ocasión pola candidata ao Parlamento, Charo Fernández Velho; o deputado do Congreso de Madrid, Francisco Jorquera; e pola candidata número 2 pola nosa provincia ao Parlamento de Galicia, Ana Pontón.


.
¿Quen é Francisco Jorquera?
Nacido en Ferrol en 1961, é licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Dirixente estudiantil na súa etapa universitaria (fundador dos CAF e Secretario Nacional de ERGA). Membro fundador e coordinador executivo do BNG. Foi senador en Madrid na lexislatura 2004-2008. É o coordinador de Alianza Galeuscat polo BNG. Na actualidade é deputado e portavoz do BNG no Congreso de Madrid. Está casado e ten unha filla.
*