O Concello levará a recollida selectiva a todas as parroquias ordenses
Están compostas de contendores para a recollida de papel, vidro, plásticos e resíduos orgánicos
O alcalde, Manuel Regos, e o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, veñen de inaugurar as dúas primeiras 'Illas verdes' do municipio, situadas nas parroquias de Beán e Pereira. Trátase dunhas instalacións conformadas por contedores para a recollida de papel, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos que o Concello vai levar en todas as parroquias ao longo dos vindeiros meses.
Recollerán catro tipos de desperdicios
As 'Illas verdes' están compostas por un contedor para a recollida de papel, outro para a recollida de vidro, un terceiro para a recollida de plásticos e envases lixeiros e dous contedores para a recollida de residuos orgánicos, dúas unidades que se unen ás xa existentes nas distintas parroquias ordenses.
Durante os vindeiros meses, o Concello de Ordes cumprirá co seu compromiso de extender estas 'illas' a todas as parroquias do municipio. De feito, xa se están executando as obras das de Poulo, Vilamaior, Barbeiros, Cabeza de Lobo (Ardemil) e A Rúa (Buscás). Posteriormente, chegarán a Mercurín, Lesta, Leira, Parada e Fosado (Santa Cruz de Montaos).
Durante os vindeiros meses, o Concello de Ordes cumprirá co seu compromiso de extender estas 'illas' a todas as parroquias do municipio. De feito, xa se están executando as obras das de Poulo, Vilamaior, Barbeiros, Cabeza de Lobo (Ardemil) e A Rúa (Buscás). Posteriormente, chegarán a Mercurín, Lesta, Leira, Parada e Fosado (Santa Cruz de Montaos).
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Cando falamos de reciclaxe sempre se fai fincapé na importancia da concienciación da xente, que xa o estamos facendo a través de iniciativas como Ordes Recicla"
"Dende este Goberno pensamos que é a nosa obriga facilitarvos aos veciños os instrumentos para facervos máis doado a tarefa de reciclar. Agora dispoñedes dunha illa verde, preto das vosas casas e con todos os contedores posibles para que poidades facer comodamente a separación dos residuos e colaborar na conservación do noso medio ambiente"
As frases de Xesús Pedreira, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente
"A inauguración destas dúas primeiras 'illas verdes' son unha aposta do Goberno de Ordes por levar o mesmo servizo ao rural e ás parroquias, de xeito que calquera veciño que queira separar e reciclar o poida facer"
"A ubicación de ambas 'Illas verdes', situadas a carón das respectivas igrexas de Beán e de Parada, explícase en que é o lugar máis céntrico e ao que máis veciños acuden, polo que así llo poñemos máis fácil á hora de reciclar"
*