domingo, 1 de febrero de 2009

Xesús Pedreira vai pedir o inicio das concentracións parcelarias de Ordes e Poulo

.
Será debatido no Pleno ordinario do vindeiro martes

O vindeiro pleno municipal que terá lugar o martes se debatirá a petición da solicitude do tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira á Consellería de Medio Rural do inicio das concentracións parcelarias das parroquias de Santa María de Ordes e Poulo.

As frases de Xesús Pedreira

"Son as dúas parroquias que nos restan para completar a parcelaria no concello de Ordes, e son moi importantes xa que en ambas hai explotacións gandeiras de entidade, onde é moi necesario o terreo"

"O Concello de Ordes decidíu tomar a iniciativa de solicitar estas parcelarias debido ao impulso que están a recibir últimamente e pensando no moito que beneficiarían aos veciños e veciñas das parroquias de Poulo e Santa María de Ordes, en especial aos das localidades de Casal, Penelas e Bidueiro"

*