jueves, 19 de febrero de 2009

Parto natural e lactancia serán as protagonistas da charla dos 'venres saudables' mañá na Casa da Cultura

.
Será impartida por Dolores Martínez Romero, matrona do Programa de Atención á Muller do Sergas
.
Mañá venres 20 de febreiro, ás 20.30 h. na Casa da Cultura

O auditorio da Casa da Cultura acolle mañá venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, a terceira xornada dos “Venres Saudables”, unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Sanidade para achegar aos veciños e veciñas de Ordes todos aqueles temas relacionados co coidado da súa saúde. A xornada deste venres versará sobre o parto natural e a lactancia, e será impartida por Dolores Martínez Romero, matrona do Programa de Atención á Muller do Servizo Galego de Saúde.

Durante a súa conferencia, Martínez Romero recomendará continuar coa lactancia materna alomenos ata os dous anos, alternando con outros alimentos, xa que o amamantamento favorece o desenvolvemento neurolóxico do bebé, aumentando deste xeito o seu coeficiente intelectual, sobre todo en nenos prematuros. A poñente exporá experiencias que apuntan que os nenos que son alimentados con leite da nai están máis protexidos contra enfermidades coma a neumonía ou a diabete infantil, diminuíndo incluso o risco de Síndrome de Morte Súbita.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"O noso obxectivo cos Venres Saudables é informar e formar a todos os que acudan á xornada, buscando sempre dar consellos prácticos que poidan ser seguidos polos nosos veciños, como xa comprobamos nos casos do autismo ou da doazón de órganos

*