domingo, 1 de febrero de 2009

O Pleno confía en modificar as normas que permita as obras de ampliación da Casa do Concello

.
Será debatido no Pleno municipal deste martes 3 de febreiro ás 10 da mañá

Tamén afectaría a un posible aparcamento do que aínda non hai proxecto

O pleno ordinario do vindeiro martes 3 de febreiro debatirá unha importante cuestión proposta pola concellería de Obras de Roberto González: a modificación puntual das súas normas subsidiarias de planeamento municipal, vixentes dende 1996, para poder acometer dous importantes proxectos: a ampliación da casa consistorial, xa proxectado e orzamentado en 1,38 millóns de euros, e a posible construción dun aparcamento soterrado na zona do parque municipal, do que, segundo fontes municipais, "aínda non está realizado o proxecto". O grupo de goberno confía na súa aprobación durante o pleno municipal que terá lugar este martes, 3 de febreiro, ás 10 horas.

.
Casa do Concello e aparcamento soterrado
As obras consistirán na construción dun novo edificio, de 888 m2 de superficie, nun espazo que na actualidade se destina a aparcamento. Neste novo edificio, con soto e tres plantas, ubicaranse os distintos servizos administrativos que presta o Concello. Estará unido ao inmoble actual, permitindo así a eliminación das barreiras arquitectónicas. Así mesmo, esta aprobación da modificación puntual das normas subsidiarias permitirían a construción dun aparcamento soterrado baixo o parque municipal.

As frases de Roberto González, concelleiro de Obras
"A zona que está detrás da actual casa consistorial está contemplada coma zona verde, que é cara onde está proxectada a ampliación do concello, polo que temos que aprobar unha modificación puntual das normas subsidiarias para poder acometer as obras"

"Trátase dun paso administrativo necesario para poder acometer calquera obra nesta zona. A posibilidade de construir un aparcamento soterrado na zona é aínda unha idea que manexamos, xa que nestes momentos nin sequera hai un proxecto para esta obra"
*