Ademáis da ex ministra e o portavoz municipal do PP en Ordes, tamén estará a candidata ao Parlamento, Paula Prado
O PPdeG prepara o seu mitin de mañá martes 24 de febrero ás 19 horas no restaurante Canaima, do Mesón do Vento. Teodosio Martino estará acompañado da ex ministra, Ana Pastor; e da candidata ao Parlamento de Galicia e concelleira en Santiago de Compostela, Paula Prado.
Quen é Ana Pastor?
Nacida en Zamora en 1957, é licenciada en Mediciña e Ciruxía pola Universidade de Salamanca. Foi Xerente de Atención Primaria na provincia de Pontevedra, e Directora Provincial do Sergas. Bajo as ordes de Mariano Rajoy no Ministerio de Administracións Públicas, foi nomeada Directora Xeral da Muface. En 2002 é nomeada Ministra de Sanidade e Consumo, cargo que ocupa ata a chegada do PSOE ao goberno de Madrid, en 2004. Deputada pola provincia de Pontevedra en Madrid, na actualidade é vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados.
Podes leer o seu blogue facendo clic aquí.
*