lunes, 23 de febrero de 2009

Entroidada para os nenos na Alameda

.
O Concello leva a festa á Alameda, onde haberá diversos obradoiros de entroido, actuacións en directo e unha sesión de baile

O Concello organiza mañá martes 24 de febreiro, entre as 17 e as 21 horas, unha Tarde de Entroidada dirixida especialmente aos máis pequenos do municipio. Será o preámbulo do día grande do Entroido en Ordes, que terá lugar este sábado, 28 de febreiro, Sábado de Piñata. Para esa xornada o Concello de Ordes ten programado un concurso de disfraces no que se repartirán máis de 6.000 euros en premios e para o cal o prazo de inscrición permanecerá aberto ata este venres 27 de febreiro.
*