miércoles, 25 de febrero de 2009

Castro: "O BNG só se debe a todos vós, ás xentes que traballan porque este país avance"

.
Os ordenses, na procura dun Presidente da Xunta (III)

Francisco Jorquera: "A actual crise económica é a crise do modelo imposto pola dereita"

O BNG presentouse unha vez máis antes os ordenses nesta campaña electoral, esta vez da man do seu portavoz municipal, Gonzalo Castro; das candidatas ao Parlamento de Galicia, Charo Fernández Velho e Ana Pontón; e do deputado do Congreso de Madrid, o ferrolán Francisco Jorquera.

Presentou esta nova cita Castro, introducindo á forza política aos cerca de 200 veciños e veciñas que se deron cita no restaurante O Túnel a pasada noite. "O BNG só se debe a todos e todas vos, as maiorías do noso pobo, á clase traballadora, aos autónomos, aos pequenos e medianos empresarios, en definitiva, ás xentes que traballan porque este país avance", anunciaba Gonzalo Castro. "O BNG traballo durante tres anos e medio por poñer ao goberno galego ao servizo do país e das súas xentes".

Charo Fernández: "Crearánse 10.000 novas prazas nas Galescolas"
Continuou coa charla a ordense Charo Fernández Velho, quen centrou a súa intervención nas necesarias intervencións públicas na economía co obxectivo de atallar a crise económica que actualmente asola a medio mundo. Para Fernández Velho, "é responsabilidade das Administracións públicas buscar saídas á crise económica", e con este obxectivo, e entre outras propostas, os lexisladores nacionalistas buscarán "reformar a lei de caixas de aforro". Tamén a igualdade e a educación tive acollida nas palabras da ordense, quen asegurou que a forza nacionalista "impulsará a creación de 10.000 novas prazas nas Galescolas na vindeira lexislatura".

Francisco Jorquera: "O BNG non se deixou chataxear ante as críticas e as difamacións dun medio de comunicación"
Máis explícito foi o deputado Francisco Jorquera na súa intervención, quen manifestou a aposta que sempre fixera o BNG "sobre a economía productiva, de raíces, e non na especulativa", na que estivo baseada, ao seu xuízo, a política económica do PP no pasado. "Máis autogoberno", foi o que prometeu Jorquera cun BNG forte no Parlamento de Galicia. "Reforzar o autogoberno para dotar ao pobo galego de capacidade para deseñar políticas públicas que sirvan aos nosos intereses", decía Jorquera.

Co ferrolán vivíronse os momentos máis tensos do mitin, sobre todo cando o nacionalista expresou o seu frontal rechazo hacia "determinado medio de comunicación contrario ao BNG". Para Jorquera, "antes as súas calumnias e difamacións, o BNG non se deixou chantaxear", rematando cos aplausos dos presentes. O PP, asegurou o nacionalsita está intentando "enlamar" o campo de xogo "para que a xente non vaia a votar o 1 de marzo e así de carambola conseguir gañar as elecións".

Ana Pontón: "O BNG cumpriu co mandato recibido polos votantes en 2005"
Pechou a noite a candidata número 2 pola provincia de a Coruña, Ana Pontón, quen insistiu na necesidade de que todos vaian a votar e "ninguén quede na casa o 1 de marzo" nestas elecións que son "as máis importantes que tivemos nos últimos anos". Para Pontón , o BNG "cumpriu con mandato" recibido en 2005 polos votantes de impulsar un cambio en Galicia. Por primeira vez, aseguraba Pontón "o goberno de Galiza co BNG puxo en primeiro lugar a defensa dos intereses de Galiza".

Podes ver o vídeo do mitin facendo clic baixo estas liñas.





*