martes, 6 de septiembre de 2011

Xa podes inscribirte no novo curso de manipulador de alimentos

Celebrarase o vindeiro 15 de setembro e o prazo de inscrición está aberto na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ata o día 14 de setembro


Ordes acollerá o vindeiro día 15 de setembro un novo curso de manipulador de alimentos. Un curso que terá lugar en horario de 16:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura de Ordes.

Todos aqueles que estean interesados en participar poderán recibir máis información ou inscribirse, xa que as prazas serán limitadas, na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, no primeiro andar da Casa do Concello, ou chamando aos teléfonos 981680002 ou 981680157. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 14 de setembro.

Charla e exame tipo test
O curso consistirá nunha charla informativa de tres horas presenciais nas que se tratarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria. Ademais haberá un exame final tipo test de aproveitamento do curso.

Trátase dun curso obrigatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria: panadeiras, camareiros, cociñeiros, dependentes de conxelados, charcuterías, personal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, personal de guarderías, comedores de colexios, personal de residencia de anciáns, etcétera, de aí a súa importancia ao aportar aos participantes unha ferramenta máis de cara a conseguir un posto de traballo.

*