O curso, que tivo lugar na Casa da Cultura, consistiu nunha charla de tres horas. |
Trátase de cursos obrigatorios para a industria alimentaria
A Casa da Cultura de Ordes acolleu o pasado xoves un novo curso de manipulador de alimentos. Un curso no que participaron 29 persoas e que consistiu nunha charla informativa de tres horas presenciais nas que se trataron aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria.
Tal e como explicaron dende a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, trátase de cursos moi importantes tanto para desempregados como para traballadores do sector da industria alimentaria xa que son obrigatorios para todas aquelas persoas que traballen en panaderías, hostelería, dependentes de conxelados, charcuterías, personal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, personal de guarderías, comedores de colexios, personal de residencia de anciáns, etcétera, de aí a súa importancia ao aportar aos participantes unha ferramenta máis de cara a conseguir un posto de traballo.
*