Aberto ata o 30 de setembro o prazo de solicitude das axudas que promove a Fundación para el desarrollo de la formación en las zonas mineras del carbón
Poden beneficiarse os ordenses estudantes universitarios, de bacharelato, Formación Profesional Reglada e programas de cualificación profesional en España
O Concello de Ordes quere informar a todos os estudantes do municipio de que todavía está aberto o prazo de presentación de solicitude das axudas que promove a Fundación para el Desarrollo de la Formación en las zonas mineras del carbón, enmarcadas dentro do seu programa de becas en zonas mineiras.
Este programa inscríbese dentro dun marco máis amplo de apoio ao desenvolvemento económico e social das zonas mineiras afectadas polo declive industrial, e ten por obxecto axudar á formación e ao desenvolvemento de mozos e traballadores das zonas mineiras do carbón, entre as que se inclúe Ordes.
Esta convocatoria recolle dúas modalidades de becas, unha para a realización de estudios de Bacharelato, Formación Profesional Reglada e programas de Cualificación Profesional de España; e outra para a realización de estudios universitarios, establecéndose axudas tanto para material, como para transporte, manutención, etcétera.
O prazo de presentación das solicitudes finaliza o vindeiro 30 de setembro. Os solicitantes das becas deberán presentar a súa solicitude, enviada por correo certificado con acuse de recibo, antes da data límite fixada, á Secretaría Técnica y Administrativa del Programa de Ayudas y Becas de la Fundación para el Desarrollo de la Formación en las zonas mineras del carbón, na C/ Velázquez nº 130- bis, (bloque III)- 1ªpl., 28006- Madrid.
Para máis información acerca destas axudas, os interesados poden dirixirse ao departamento de Educación do Concello de Ordes, así como consultar as bases da convocatoria na web www.fundesfor.com.
*