O Concello de Ordes inicia unha campaña co obxectivo de facer aforrar aos veciños nos desplazamentos rutinarios
Diríxete á casa do Concello (981680002) e di cal é o teu traxecto cotián
O Concello de Ordes puxo en marcha unha nova campaña dirixida aos seus veciños a través do departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal.
Nesta ocasión baixo o título “Comparto Coche” o Concellopon a disposición dos veciños un servizo que facilita o encontro de persoas que estean interesadas en compartir vehículo para realizar traxectos rutinarios de traballo, estudos, etcétera.
A través desta iniciativa, preténdese que compartindo coche se reduzan o número de vehículos que circulan polas estradas, disminuir os atascos, o consumo enerxético e a contaminación, ademais de que os participantes poidan aforrar combustible.
José Luis Gómez Candal. |
Todos aqueles que estean interesados en participar nesta campaña poden recibir máis información e inscribirse no departamento de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible do Concello, chamando ao teléfono 981680002 ou ben a través do perfil de facebook “Medio Ambiente Ordes”, no que poderán encontrar ademais outras actividades e iniciativas que leva a cabo o Concello en materia de medio ambiente.
Os participantes cubrirán unha ficha facilitando os horarios e percorridos que estarían interesados en compartir con outros usuarios, servindo así o Concello como intermediario para poñer en contacto a todos aqueles que coincidan en destino e hora para compartir vehículo.
*