lunes, 12 de septiembre de 2011

Apúntate xa ao curso de instalación de climatización de Ordes

O prazo de inscrición do curso, que está dirixido a desempregados e traballadores do metal, está aberto ata o vindeiro 21 de setembro

Ofértanse quince prazas


Ordes acollerá a partir do vindeiro día 26 de setembro un novo curso de formación, dirixido especialmente para os desempregados e tamén para traballadores do metal, tanto autónomos ou traballadores por conta allea. Nesta ocasión trátase dun curso de instalación de climatización.

No curso, que constará de 130 horas, trataranse aspectos como os cálculos de instalacións, sistemas de climatización, circuítos hidráulicos, cálculo de elementos de central frigorífica, normativas ou temas máis prácticos como equipos e ferramentas empregadas polos instaladores de climatización, entre moitas outras cuestións.

No Mesón do Vento
O curso terá lugar no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento en horario de 16:00 a 20:00 horas. Os interesados en participar poden recibir máis información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local situada na primeira planta do Concello ou chamando ao 981680002, lugar onde se deberán realizar tamén as inscricións ata o vindeiro 21 de setembro ou ata cubrir prazas por orde de inscrición. Ofértanse un total de 15 prazas.

Este curso está subvencionado polo Ministerio de Traballo e o Servizo Público de Empleo Estatal a través da Federación de Industria de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia.

*