Se tes máis de catorce anos, tí tamén podes colaboroar na limpeza dos nosos ríos e bosques
Un grupo de voluntarios inscritos no programa “Voluntariado Verde” do Concello de Ordes, participarán o vindeiro domingo día 2 de outubro nunha iniciativa promovida por Adega dentro do Proxecto Ríos. Trátase nesta ocasión da IV Limpeza Simultánea de Ríos, na que participan diferentes municipios de toda Galicia nos que se realizarán as limpezas dos seus respectivos ríos o mesmo día.
En Ordes, serán preto dunha decena de voluntarios os que participarán nesta iniciativa coa que se retirará a basura e residuos de diferentes tramos do río Mercurín.
Esta será a primeira das actividades que se desenvolva a través do programa Voluntariado Verde que puxo en marcha o Concello por terceiro ano consecutivo, nesta ocasión a través da Concellería de Medio Rural e Desenvolvemento Ecolóxico e Sostible que dirixe o edil José Luis Gómez Candal.
Dende este departamento municipal animan a todos os veciños e veciñas a que formen parte deste programa de voluntariado para o que o único requisito é ter máis de 14 anos. Os menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus pais ou titores. Os interesados poden recibir máis información no Concello, chamando ao 981680002 ou a través dos perfís de facebook “Voluntariado Verde Ordes” e “Medio Ambiente Ordes.