miércoles, 28 de septiembre de 2011
A biblioteca acolle unha mostra de libros co gallo do novo curso escolar
Estrea este novo curso máis de 200 contos dirixidos aos nenos e nenas de educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes quixo contribuir un ano máis coa volta ao cole dos máis pequenos do municipio, nesta ocasión organizando unha mostra de libros no centro. Unha mostra que está tendo unha gran acollida dende a súa apertura ao público o pasado 19 de setembro, e que quere servir ademais como revulsivo de cara ao fomento da lectura entre os máis pequenos.
A biblioteca municipal estrea ademais con este novo curso máis de 200 contos dirixidos aos nenos e nenas de educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria, contos en galego que esperan contribúan ao fomento da lectura entre os máis novos, conseguindo así que se convirta nun hábito dos nenos e nenas do municipio.
Tardes de Contos e Lendas
Por outra banda e de cara ás actividades que se desenvolverán na biblioteca este novo curso, o vindeiro mes de outubro está previsto que se reanude o programa “Tardes de Contos e Lendas”, unha iniciativa dirixida aos nenos de entre 3 e 8 anos que trae o último venres de cada mes ata este centro, contacontos e demais atraccións tamén co fin de fomentar a lectura.
Xa de cara ao mes de novembro, do 5 ao 15, tamén está previsto que a Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acolla a exposición “V Premio Castelao de Banda Deseñada” promovida pola Deputación de A Coruña.
Ademais tamén está prevista próximamente unha mostra de exemplares de narrativa en galego cos que conta o centro.
*