Un accidente cun elevador no CEIP Castelao motivará aos socialistas a presentar unha moción no pleno municipal
Un accidente onte á mañá co elevador de persoas con mobilidade reducida do CEIP Castelao de Ordes motivou ao PSOE de Ordes para dirixirse á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria solicitando que garanta a seguridade e a integridade física do alumnado do centro de ensino ordense.
Os socialistas lamentan os feitos e agardan que a Xunta de Galicia ofreza "explicacións convincentes, detalladas e documentadas" sobre as circunstancias nas que se produciu o accidente e sobre o estado de mantemento e supervisión técnica do equipo.
De cara á vindeira sesión plenaria da corporación municipal, o concelleiro socialista Xesús Pedreira, anunciou onte a presentación dunha moción para que o Concello emprace á Xunta a garantir o correcto estado das instalacións do colexio e que examine tamén as dos restantes centros escolares do municipio.
Xesús Pedreira. |
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro do PSOE de Ordes
“A Consellería de Educación da Xunta de Galicia non só debe velar pola educación dos alumnos e alumnas, senón que ten tamén a responsabilidade da seguridade das instalacións, sen descoidar o seu mantemento e cunha revisión continua do seu funcionamento”
"Agarda que a nosa moción obteña o apoio de todos os grupos políticos, incluído o PP, que o pasado curso non dubidou en utilizar de forma partidista diversos investimentos nos colexios ordenses, que previamente retrasara no tempo”.
*