martes, 13 de septiembre de 2011

O Concello de Ordes abre a inscrición para a Escola de Música

Haberá clases de solfeo, guitarra, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería- percusión, trombón, tuba e bombardino


O Concello de Ordes porá en marcha o vindeiro día 3 de outubro un novo curso académico da Escola Municipal de Música. Un curso, no que como todos estes anos, continuaranse impartindo coñecementos de solfeo e clases de instrumento como guitarra, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería- percusión, trombón, tuba e bombardino.

Para todos aqueles que estean interesados en participar neste novo curso o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro día 23 de setembro. As solicitudes deberán presentarse no departamento de Educación, no 1º andar do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas ou chamando ao teléfono 981680002, onde tamén se poderá recibir máis información e facer calquera consulta.

As prazas para as clases de cada instrumento son limitadas, polo que o criterio a seguir será por rigorosa orde de inscrición.

*