jueves, 15 de septiembre de 2011
O mal estado da pista da entrada a Buscás, posible causa dun accidente
Os socialistas de Ordes reclaman que se remate a ronda leste e se remate con ese firme de zahorra
Un turismo apareceu volcado o pasado martes na estrada AC-524, na súa entrada hacia Buscás, xusto onde o pasado 4 de agosto, un grupo de socialistas ordenses reclamaban á Xunta de Galicia a continuación das obras la ronda leste.
Firme de zahorra
Naquela data, o concelleiro socialista Xesús Pedreira indicou que a paralización das obras foi tan precipitada que hai puntos como o enlace da AC-524 coa estrada interior de Buscás, onde se localizou esta semana o accidente, nos que antes o vial estaba asfaltado e agora quedou cun firme de zahorra que presenta “uns socavóns considerables nos que os veciños arriscan a diario a súa integridade a a dos seus vehículos”.
Agora, os socialistas volveron a recordar a mala situación da pista culpando a este feito do accidente sofrido por un veciño.
*
Protagonistas:
Xesús Pedreira