jueves, 8 de septiembre de 2011

O Concello sanea a rúa da Canteira


Mellorarase o abastecemento de auga da zona

O Concello de Ordes está a levar a cabo unha serie de obras de mellora nunha das rúas centrais do municipio, a rúa da Canteira. Trátase dunhas obras a través das que se está a mellorar os servizos de saneamento e abastecemento de auga da zona.


Roberto González.
Rematadas en outubro
As obras, incluídas dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS 2011), contan cun orzamento de preto de 145.000 euros. Tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, espérase que as obras poidan estar rematadas durante o mes de outubro.

Estas actuacións súmanse así a outras realizadas noutras rúas do municipio, como as da rúa República Arxentina, xa rematadas e que tamén melloraron o saneamento e abastecemento de auga da rúa, uns traballos que ascenderon a un pouco máis de 50.000 euros, quedando pendente unha terceira fase, tamén relativa á mellora do saneamento e abastecemento, que terá un orzamento aproximado de 40.000 euros.

*