Os pais que queiran inscribir aos seus fillos deberán facelo antes do 22 de setembro
O Concello de Ordes porá en marcha, un ano máis, unha serie de actividades extraescolares dirixidas aos alumnos e alumnas dos colexios do municipio. Unhas actividades que está previsto dean comenzo o vindeiro día 3 de outubro entre as que se ofertan clases de patinaxe, manualidades, multideporte e xogos populares.
Todos aqueles que estean interesados en inscribir aos seus fillos nalgunha destas actividades debe realizar a solicitude no departamento de Educación da Casa do Concello, no primeiro andar de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, onde tamén poderá recibir máis información, así como chamando ao 981680002. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 22 de setembro.
As actividades ofértanse no CEIP ADR Castelao e no CEIP Campomaior tendo horarios diferentes en cada un dos centros.
CEIP ADR Castelao
No colexio Castelao os horarios previstos para as actividades será o seguinte:
- Patinaxe: Luns e xoves de 15:30 a 16:30 para nenos de 3 a 7 anos e de 16:30 a 17:30 horas os nenos de 8 a 12 anos.
- “Aprende a crear” (manualidades): Mércores de 15:30 a 16:30 horas os nenos de 3 a 7 anos ; e de 16:30 a 17:30 horas os de 8 a 12 anos.
- Xogos populares: Mércores de 15:30 a 17:30, na primeira hora para os nenos de 8 a 12 anos e na segunda para os de 3 a 7 anos.
- Multideporte: Venres de 15:30 a 17:30 horas.
CEIP Campomaior
No CEIP Campomaior o horario das actividades será o seguinte:
- Multideporte: Luns de 16:00 a 17:00 horas para os nenos de 3 a 7 anos; e de 17 a 18 horas os alumnos/-as de 8 a 12 anos.
- “Aprende a Crear”: Xoves de 16:00 a 17:00 horas os nenos de 8 a 12 anos; de 17 a 18 horas os de 3 a 7 anos.
- Patinaxe: Mércores e Venres de 16:00 a 17:00 horas para nenos de 3 a 7 anos; de 17:00 a 18:00 horas os de 8 a 12 anos.
- Xogos populares: Xoves de 16:00 a 17:00 horas os alumnos/-as de 3 a 7 anos; de 17:00 a 18:00 horas os de 8 a 12 anos.
Neste centro haberá ademais outro bloque de actividades pero que serán ofertadas pola ANPA.
Dependendo da demanda das actividades o Concello poderá variar os horarios establecidos, así como terá que haber un mínimo de inscritos en cada actividade para que se poida poñer en marcha.
*