O curso ten lugar no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento de 16 a 20 horas
O Concello de Ordes deu comenzo esta semana a un novo curso dirixido a desempregados e tamén a traballadores do metal, tanto autónomos como traballadores por conta allea. Un curso que, nesta ocasión, trata sobre a instalación de climatización.
O pasado luns vinte veciños do municipio comenzaron as clases que teñen lugar de 16:00 a 20:00 horas no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento. O curso consta de 130 horas nas que se tratarán aspectos como o cálculo de instalacións, sistemas de climatización, circuítos hidráulicos, cálculo de elementos de central frigorífica, normativas ou temas máis prácticos como equipos e ferramentas empregadas polos instaladores de climatización, entre moitas outras cuestións.
Este curso está subvencionado polo Ministerio de Traballo e o Servizo Público de Empleo Estatal a través da Federación de Industria de Comisións Obreiras (CC.OO.) de Galicia.
"Con esta iniciativa dase continuidade á gran cantidade de cursos e actividades formativas que se queren ofertar dende o Concello a desempregados e tamén a traballadores co fin de mellorar a súa formación, facilitando así a súa incorporación ao mercado laboral, ou mellorando a súa situación dentro do mesmo"
*