miércoles, 14 de septiembre de 2011

O cambio dunha liña discontínua a contínua causa o malestar nos veciños de Leira

Onde antes había un liña discontínua en Leira, agora é contínua, co trastorno que produce nos veciños.

Obriga a uns 200 veciños a circular tres kilómetros até a ronda do Mesón do Vento

O BNG amosa o seu apoio e colaborará na recollida da sinaturas que poña solución ao problema

O BNG de Ordes fixo hoxe público o seu apoio á recollida de sinaturas dos veciños da parroquia de Leira, no que se instará ao Ministerio de Fomento a que se realicen as xestións necesarias para recuperar o acceso a varios núcleos de población da parroquia de Leira desde a N-550 no sentido de circulación cara A Coruña. Esta vía viuse suprimido por mor das últimas obras de mellora da pavimentación da N-550, ao cambiar a liña discontinua que existia anteriormente por unha liña continua.

O BNG mantivo unha reunión cos veciños afectados por esta limitación, na que se analizou a situación e se acordou iniciar a recollida de sinaturas para demandar unha solución a esta situación.

Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes. 
As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“Os conductores que circulan pola N-550, en sentido A Coruña, vense na imposibilidade de poder acceder aos núcleos de Altiboia, Castiñeira, Gouzón, O Castro, Meitufe e Castrelos, debido ao cambio da liña discontinua que existía antes por unha liña continua, que os obriga a continuar tres kilómetros até a rotonda do Mesón do Vento, para poder cambiar o sentido da marcha e acceder a estes núcleos de poboación”.

“O tramo onde se ubica o acceso a estes núcleos é recto e con visibilidade, e até hai pouco permitiase o adiantamento, razón pola que resulta xustificado incluir unha liña discontinua á altura deste acceso para permitir que os vehículos que circulan en dirección A Coruña poidan realizar un xiro e incorporarse ao mesmo.”.

“Son máis de 200 os veciños afectados por esta situación, polo que desde o BNG, ademáis de apoiar a recollida de sinaturas, presentaremos unha iniciativa no pleno para que a corporación municipal inste ao Ministerio de Fomento a resolver esta situación”.

*