O máis destacado para o alcalde do 2009: a ampliación da Alameda, o obradoiro de emprego en Parada, o paseo fluvial do Mercurín, a Cidade deportiva, a reforma do tanatorio, o Museo do Traxe, o abastecimento da auga e as obras da ronda leste
Anuncia que 2010 será un ano "difícil" no que "haberá que conter o gasto"
O alcalde Manuel Regos quixo facer balance deste ano 2009 que hose remata. Un periodo que calificou como de "moito traballo no municipio", con grandes inversións e importantes actuacións nas diferentes áreas do concello, e que contou “cos orzamentos máis altos da historia de Ordes”.
Así, Regos Boquete destacou algunhas das iniciativas levadas a cabo no campo das obras, como foron a ampliación da Alameda “que se convertiu nunha gran área de lecer para os veciños e veciñas de Ordes”, así como as obras de recuperación da estación de Parada realizadas a través dun obradoiro de emprego, e tamén a inauguración do novo paseo fluvial do río Mercurín.
.
Proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local
Tamén subliñou o alcalde a importancia dos proxectos levados a cabo a través do Fondo Estatal de Investimento Local que están permitindo a construcción das pistas de atletismo e os vestuarios en Vista Alegre, o acondicionamento dos baixos da Alameda, e que recentemente se puidese inaugurar a reforma do tanatorio, ampliando as instalacións con dúas novas salas de velorio, unha capela, unha oficina e unha zona de cafetería.
Regos non se quixo esquencer tampouco doutras obras que verán a luz recentemente como é o Museo do Traxe Juanjo Linares, que o próximo 16 de xaneiro inaugurará as súas instalacións, así como as obras da ronda leste que está previsto que dean comenzo o próximo mes de febreiro.
“A isto súmanse tamén outras obras que aínda que non se ven, son vitais para a mellora da calidade de vida dos veciños, que son as de saneamento e abastecemento de auga, que tamén tiveron un gran pulo durante 2009”, explicou.

Agradecimento ao seu equipo de goberno
O alcalde tamén quixo destacar o traballo que se está a realizar no resto de áreas do Concello, ao tempo que agradeceu “o traballo e esforzo que están a poñer todos os meus compañeiros do grupo de goberno para conseguir o progreso e o benestar dos veciños e veciñas de Ordes”.
De cara ao 2010, o primeiro edil ordense anunciou que será un ano difícil tendo en conta a crise que está a vivir o noso país, no que haberá que conter o gasto, pero no que tamén quedan pendentes importantes proxectos para o municipio.

Os desexos do alcalde Manuel Regos para 2010
“Que todos os veciños e veciñas poidan cumprir os seus soños, e que sexa un ano de prosperidade e traballo para o noso municipio”.
*