O Concello coordina por primeira vez esta acción solidaria e anuncia que non será a única
A concellería de Servizos Sociais de Ordes está coordinando un reparto de alimentos que proporciona Cruz Vermella entre familias necesitadas do municipio. Ainda que e trata da primeira vez que o Concello de Ordes coordina estas actuacións, o departamento de Ana Álvarez xa anunciou que se atenderán novas solicitudes para levar adiante accións solidarias como esta en próximas ocasións.
Todas as familias interesadas en participar nestes novos repartos deberán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes a partires de mediados do mes de xaneiro.

Nadal Solidario en Santiago de Compostela
Por otra banda, o xornal compostelán Santiagosiete e a concellaría de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela están en plena colleita de doazóns de xoguetes e alimentos non perecedeiros en beneficio das institucións benéficas do Cottolengo do Pai Alegre, Cociña Económica, Cáritas Diocesana e Albergue de Xoán XXIII. Todas aquelas persoas que quieran facer a súa doazón poden achegarse ás esquinas solidarias onde serán recollidas polo persoal de Santiagosiete con destino á Casa das Asociacións de Santiago de Compostela onde se fará o reparto definitivo ás entidades.
A recollida terá o seu momento culminante o vindeiro luns 21 de decembro a partires das 21:00 horas no Teatro Principal cunha gala solidaria onde se homenaxearán a estas catro importantes institucións compostelás. A gala estará presidida polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e contará coa actuación do quinteto gospel estadounidense Brotherhood Singers.
A entrada á gala terá un custe de 10 euros e a totalidade da recaudación da billeteira será doada integramente ás catro institucións.
Nadal Solidario é un evento organizado por Santiagosiete e a concellaría de Participación Cidadá e que conta co patrocinio da concellaría de Festas de Santiago de Compostela, Aquagest, Cativos Xestión de Escolas Infantís, Kátedra Profesional, Área Central, Coca-Cola, Grupo Brea, Puentes Inmobiliaria e Televés, ademais da colaboración de Fílmate Fotografia y Vídeo, Grupo Isonor e Transportes Autoradio.