Os nacionalistas solicitan aprobar as obras do Fondo Estatal e reclamar á Xunta investimentos para os centros educativos
Tiñan presentadas estas dúas mocións que non foron debatidas no pleno de novembro
Gonzalo Castro anunciou esta mañá que “o grupo municipal do BNG presentou unha solicitude de pleno extraordinario para debatir os asuntos que quedaron sen tratar no último pleno da corporación municipal de Ordes, que foi suspendido, debido á celebración do funeral de Juanjo Liñares, cando ainda faltaban dúas mocións presentadas polo BNG por debatir, ademáis de todos os Rogos e Preguntas”.
O portavoz salientou que “as mocións que quedaron sen tratar fan referencia a cuestións de grande importancia para o noso pobo, como o emprego e a educación, e son producto das peticións que os veciños teñen formulado ao BNG en diferentes reunións, e que deben ser atendidas antes de que finalice este ano”.
Viveiro de empresas e praza de abastos
Castro afirmou que “a moción do BNG coas propostas de actuacións a financiar con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL), na que propoñemos incluir a construcción dun viveiro de empresas e un plan de mellora e promoción da praza de abastos, co obxectivo de crear emprego en Ordes, debe ser aprobada con tempo suficiente para presentar os proxectos ao goberno do Estado antes de que finalice o prazo establecido, que é o 27 de xaneiro de 2010”.
Centros educativos
Con respecto á moción do BNG para instar á Xunta de Galicia a solucionar os problemas dos centros educativos de Ordes, Castro afirmou que “esta moción recolle as peticións feitas polos representantes das ANPAS ao BNG, e na proposta de acordo da mesma se solicita o apoio do pleno da corporación municipal ás emendas presentadas no Parlamento de Galiza polo BNG ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2010, que defenden incluir 1,5 millóns de euros que irían destinados á supresión de barreiras arquitectónicas e á mellora das instalacións no colexio Castelao e á mellora e ampliación do colexio Campomaior para dotar ao mesmo dun comedor”.
O portavoz nacionalista considera que “resulta evidente que para que todas as peticións das ANPAS sexan atendidas é necesario que esta moción sexa aprobada antes de que remate a tramitación dos Orzamentos da Xunta para o 2010, o que terá lugar antes de que finalice este ano”.
A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"Agardamos que a solicitude da celebración dun pleno extraordinario sexa atendida polo alcalde, incluíndo na Orde do día o debate e aprobación de dúas mocións que buscan a defensa dos intereses dos veciños e veciñas de Ordes en asuntos de gran importancia como son o emprego e a educación”.

*