miércoles, 30 de diciembre de 2009

Xa podemos disfrutar do novo paseo fluvial do río Mercurín

.
Esta mañá inaugurábase este novo paseo que se converte nunha gran área natural de lecer en pleno casco urbán

Regos: "Este paseo non é de ninguén, é de todos, por iso espero que todos contribuamos a conservalo”

Ordes veu cumprida hoxe unha das súas grandes apostas dende a súa chegada ao goberno municipal, o paseo fluvial do río Mercurín.
Esta mañá inaugurábase esta nova área natural de lecer para todos os veciños e veciñas do municipio, nun acto que estivo presidido polo alcalde, Manuel Regos, acompañado polo resto de concelleiros da Corporación, así como o Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural na Coruña, Enrique Luis de Salvador Sánchez.

O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, quixo facer fincapé en que este paseo se convirte agora no gran pulmón verde do municipio, á vez de que agradeceu aos seus compañeiros de goberno a confianza que teñen depositada nas iniciativas que se levan a cabo dende a concellería que dirixe.

Recuperación do ecosistema fluvial
Este proxecto, que supuxo a recuperación do ecosistema fluvial do río entre os muíños da Silva e da Braña, coa construcción dun paseo por ambas márxenes do río, así como unha área recreativa cunha zona de xogos infantís para os máis pequenos, contou cun investimento de 450.000 euros, aportados pola Consellería de Medio Ambiente, froito dun convenio asinado entre este departamento autonómico, en tempos do bipartito, e o Concello de Ordes.

Tal e como explicaron dende o grupo de goberno, esta zona estaba en total estado de deterioro, degradada e incluso nalgúns lugares estaba a funcionar a modo de vertedoiro, encontrándose nos traballos de limpeza ata colchóns, máquinas tragaperras e demais escombros.
Coa recuperación desta zona e a creación do paseo ás beiras do río, dende o grupo de goberno que preside Manuel Regos, esperan poder satisfacer unha das grandes demandas dos veciños e veciñas do municipio, que agora contarán cun novo espazo onde pasar o seu tempo de lecer en pleno contacto coa natureza.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É unha satisfacción poder contar con este espazo de encontro no que os veciños poderán estar ademais en contacto coa natureza, e todo isto en pleno centro urbán”

“Este paseo non é de ninguén, é de todos, por iso espero que todos contribuamos a conservalo

*