jueves, 17 de diciembre de 2009

A Mancomunidade celebra o Día Internacional da Persoa Migrante

.
Baixo o lema “Somos persoas e sabemos convivir”, repartirase unha guía de lecturas recomendadas sobre as migracións disponibles nas bibliotecas dos sete concellos da comarca

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes porá en marcha unha campaña informativa nas bibliotecas co gallo do Día Internacional da Persoa Migrante, que se conmemora este venres 18 de decembro. Baixo o lema 'Somos persoas e sabemos convivir', a Mancomunidade repartirá unha guía de lecturas recomendadas sobre migracións. Uns libros que os veciños e veciñas poden atopar nos fondos das bibliotecas municipais de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

A guía de lecturas elaborada polo Servizo de Atención ao Inmigrante e Emigrante Retornado da Mancomunidade de Ordes recolle un total de 23 obras de narrativa; 8 de consulta e ensaio e cinco audiovisuais. No caso dos libros de narrativa incluso están clasificados por idades: menores de 8 anos (como “Mila vai á escola” de Teresa Durán ou “Xenofobia” de Violeta Monreal); de 9 a 12 anos (como “Os emigrantes” de Pepe Carreiro ou “A lagoa das nenas mudas”, Fina Casalderrey); e maiores de 14 anos (“Memorias dun emigrante” de Antón Risco ou “A man dos paíños” de Manuel Rivas). No caso dos audiovisuais, os máis chamativos, figuran obras como “Las uvas de la ira” (John Ford), “Flores de otro mundo” (Icíar Bollaín) ou “Inmigrantes no país da emigración” (do galego Xosé Luis Ledo Andión).

Un total de 281 persoas atendidas
O Servizo de Atención ao Inmigrante e Emigrante Retornado da Mancomunidade de Ordes, atendeu durante o ano 2008 a un total de 281 persoas, un 61,49% máis ca no ano 2007. Dacordo cos seus datos, na comarca ordense residen 1.142 persoas estranxeiras, sendo a portuguesa (cun 18%) a de maior presenza. Séguena os brasileños e marroquíes (11% cada unha) e os colombianos e romaneses (10% cada unha). Máis da metade da poboación estranxeira residente na comarca de Ordes, concretamente un 62%, ten menos de 35 anos. Por sexos, están rexistrados un maior número de homes (54,03%) que de mulleres (45,97%).

A frase de Manuel Prado Patiño, presindente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
“Esta é unha actuación máis que está a levar a cabo o Servizo de Atención ao Inmigrante e Emigrante Retornado da Mancomunidade de Ordes para facilitar a integración deste colectivo e sensibilizar ao resto de veciños sobre a importancia de respectar a diversidade cultural

*