Dirixido a veciños e veciñas, e comerciantes
Inscripción no teléfono 981 680002 ata mañá mércores
O Concello ten previsto celebrar un curso de paquetería navideña dirixido a todos os veciños e veciñas do municipio así como aos comeciantes locais.
Trátase dun curso gratuíto no que se ensinará aos participantes a facer paquetes de regalo, co fin de que este Nadal, e de cara á noite de Reis, todos os ordenses que estean interesados fagan os seus agasallos cunha decoración moi especial.
O curso ten unha duración de 8 horas e dará comenzo o sábado 26 de decembro ata o día 30 do mesmo mes. O lugar onde se impartirá o cursiño será na Casa da Cultura en horario de 21 a 23 horas.
Todos aqueles que estean interesados en participar só teñen que dirixirse ao Concello ou chamar ao teléfono do mesmo o 981 680002 onde lles facilitarán máis información, así como se poderán realizar as inscricións.
O número de prazas para participar é limitado e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo mércores día 23 de decembro.