martes, 22 de diciembre de 2009

Maís dun cento de ordenses sobre rodas

.
Boa acollida de ciclistas no Día da Bici

O alcalde Manuel Regos entregou os premios aos participantes

Máis dun cento de ordenses non se perderon o pasado domingo o Día da Bici convocado polo Concello. Na carpa instalada na Alameda realizouse o sorteo de tres bicicletas cos seus cascos entre os participantes. Un acto de entrega dos premios presidido polo alcalde, Manuel Regos, quen estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e Deportes, José Ramón Vázquez Raña; a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín; e o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González. Tamén estuveron presentes representantes das empresas colaboradoras do evento.

Obradoiros de medio ambiente
A xornada contou ademais con outro tipo de actividades como foron os obradoiros sobre Medio Ambiente que levaron por título "Mobilidade S.O.STIBLE. A ver si me movo - cultura de sustentabilidade, cambio climático e mobilidade sostible” subvencionados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a través dos que se intentou concienciar aos pequenos sobre a maneira de contaminar menos á hora de movernos, así como explicaron algunhas cuestións sobre os medios de transporte que menos contaminan.

A frase de Xosé Ramón Vázquez Raña, concelleiro de Cultura e Deportes
"A iniciativa tivo gran éxito, a pesar do temporal de frio que vive a comunidade"

*