Beneficiarán a diferentes explotacións das parroquias de Buscás, Beán, Barbeiros e Vilamaior
Será posible a través dun programa piloto de desenvolvemento rural sostible suscrito entre o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino e a Xunta de Galicia
Ordes será un dos municipios beneficiarios dun programa piloto de desenvolvemento rural sostible do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino e a Xunta de Galicia.
Un programa a través do que se achegarán ao municipio ordense preto de 250.000 euros que irán destinados a melloras de accesos a explotacións de vacún. Concretamente serán 242.744,54 euros os que se destinarán a este fin, e que beneficiarán a diferentes explotacións nas parroquias de Buscás, Beán, Barbeiros e Vilamaior. Aproximadamente acondicionaranse preto de seis quilómetros.
Este programa é froito dun convenio asinado pola Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, Elena Espinosa; e o conselleiro do Medio Rural da Xunta, Samuel Juárez, o pasado 9 de decembro, e que suporá un investimento de 17 millóns de euros para realizar melloras en diferentes zonas rurais de Galicia.
Tal e como explicaron dende o Ministerio, a programación das actuacións específicas cubre os tres eixos principais da sostenibilidade, con enfoques e actuacións dirixidos aos seus tres pilares básicos: ambiental, social e económico, actuando sobre algún dos problemas ou necesidades máis importantes e urxentes para cada unha das zonas.
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Rural de Ordes
"As melloras nos accesos a estas explotacións son fundamentais para o desenvolvemento das mesmas, e todo o que se faga para mellorar é bo”
*