O Concello leva a cabo unha campaña informativa sobre a compra responsable de xoguetes durante o Nadal
O Concello está a realizar dende principios deste mes de decembro e ata o Día de Reis,unha campaña informativa sobre a merca de xoguetes nestas datas de Nadal.
A campaña 'Compra responsable de xogos e xoguetes' intenta concienciar á poboación en xeral, a través de cuñas na radio municipal, sobre os xoguetes que se deben mercar e a importancia de non mercar en exceso.
Consellos á hora de mercar
As cuñas foron realizadas coa participación de nenos e nenas da localidade, nas que dan unha serie de pinceladas sobre o que lles gustaría para este Nadal. Así, a través destas cuñas, danse unha serie de consellos a ter en conta á hora de mercar, como que se trate de xogos para compartir co resto da familia, que non haxa discriminacións sexistas sendo o importante que o xoguete lle guste ao neno ou á nena, e a importancia de non mercar en exceso.
Con esta iniciativa dende a Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes pretenden que as familias do municipio fagan un consumo responsable nunhas datas nas que a compra de xogos e xoguetes para os máis pequenos da casa, é a protagonista.

*