jueves, 17 de diciembre de 2009

Os Viqueiras felicítanos o Nadal

.
O 25 de decembro habrá cantos de Nadal e panxoliñas polos bares e rúas da vila

O mesmo día de Nadal a vila de Ordes encherase de cantos e panxoliñas a partires das 18:00 horas con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí rondarán 'No Cómbaro' de As Pontes; 'Os Reiceiros' de Pontecarreira (Frades), os Veciños de Aiazo, de Frades; Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde (Ordes); e Raúl Galego, o gaiteiro nubeiro de A Coruña, entre moitos outros.

Á noitiña nos ofrecen unha cita no Bar-Restaurante O Rincón do Pincho, da avenida de Alfonso Senra,75) onde poderemos disfrutar da actuación e compaña dun gaiteiro excepcional, de 91 anos e máis de 75 coma músico: o Gaiteiro Freixo, de As Pontes.

Despois, e coma sempre, foliada e agasallos entre os participantes.

A Asociación Grupo de Gaitas OS VIQUEIRAS DE ORDES, desexa aos lectores de Ordessiete unhas FELICES FESTAS!

*