A empresa comezará a prestar os seus servizos o vindeiro mes de xaneiro e operará dous días máis á semana do que se facía ata o de agora
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes adxudicou hoxe o servizo de axuda a domicilio á empresa Carro y Agrafojo SC. Un contrato que ten dous anos de duración, por un importe de máis de 330.000 euros/ano e do que se beneficiarán directamente un total de 68 veciños e veciñas dos municipios de Frades, Oroso e Ordes.
O pleno da Mancomunidade, reunido hoxe en sesión extraordinaria en Ordes, refrendou a proposta realizada pola mesa de contratación, polo que se acordou a adxudicación provisional deste servizo á empresa Carro y Agrafojo SC, que foi a que acadou a mellor puntuación entre as dez empresas que optaban a este contrato.
Axuda de luns a domingo, festivos incluídos
En 2009, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes prestou este servizo a un total de 68 veciños e veciñas dos concellos de Frades, Oroso e Ordes. Coa externalización do contrato, “os usuarios gozarán dunha importante mellora do servizo, xa que se prestará dous días máis á semana e se inclúen tamén os festivos”, sinala Prado Patiño. Así, dende o vindeiro mes de xaneiro os usuarios do servizo de axuda a domicilio estarán atendidos de luns a domingo (festivos incluídos) e non de luns a venres, como se facía ata o de agora.
Coa prestación deste servizo de axuda no fogar, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pretende facilitar a permanencia dese veciño/a no seu propio entorno de convivencia mentras iso sexa posible e convinte. Uns servizos que inclúen atencións de carácter persoal na realización das actividades da vida diaria tales coma asistencia para erguerse e deitarse, apoio no coidado e hixiene persoal, contro do réxime alimentario e axuda para alimentarse (se fose preciso), supervisión das rutinas de administración dos medicamentos prescritos polos médicos, apoios para cambios posturais...
Á sesión extraordinaria do pleno asistiron os alcaldes de Frades e Oroso, Miguel Prado e Manuel Mirás; así como o vicepresidente da Mancomunidade, Manuel Astray (en representación de Ordes) e os concelleiros Silvia Fraga (Cerceda), Amadeo Cancela (Tordoia) e Manuel Antonio Castiñeiras (Trazo). O alcalde de Mesía excusou a súa asistencia por un problema familiar grave.

*