jueves, 17 de diciembre de 2009

Recouso acusa a Regos de preparar un "asfaltado de eiras"

.
Ramiro Recouso (BNG): "O único que sabe facer Regos nos 20 anos que leva gobernando é asfaltar eiras cando se aproximan as eleccións municipais”

Ramiro Recouso considerou esta tarde que o anuncio feito polo alcalde, Manuel Regos, do investimento de 242.000 euros para accesos a explotacións agrarias, non deixa de ser o anuncio do investimento de perto de 42 millóns das antigas pesetas en “asfaltado de eiras”.

O concelleiro nacionalista criticou que se pretendan investir estas cantidades cando o estado da rede viaria das zonas rurais do concello se atopa, segundo Recouso, "nun estado lamentábel, polo que o acceso ás explotacións agrarias seguirá sendo deficiente".

A frase de Ramiro Recouso, concelleiro do BNG de Ordes
“O goberno municipal en lugar de gastar o diñeiro no asfaltado das eiras debía dedicarse a apoiar a creación dun tecido industrial relacionado coa transformación e comercialización dos produtos agrarios de Ordes e súa comarca”

*