martes, 15 de diciembre de 2009

Unha ducia de comercios participan no II Concurso de Escaparates de Nadal

.
Mañá mércores ás 18 horas o xurado avaliará os traballos realizados nos escaparates participantes

Un total de doce establecimentos comerciais do municipio participan na segunda edición do Concurso de Escaparates de Nadal organizado pola concellería de Industria e Comercio de Ordes, e co que se pretende dar un pulo máis nestas festas de Nadal ao comercio local.

Será mañá, día 16 de decembro a partir das 18:00 horas, cando o xurado avalíe os traballos realizados nos escaparates participantes. Un xurado que estará integrado polo concelleiro de Industria e Comercio, José Manuel Tobío, un representante dos comerciantes elexido por sorteo e un técnico escaparatista.

Aínda que a visita aos establecementos se realizará mañá, o fallo do xurado non se dará a coñecer ata o próximo 7 de xaneiro.

Tres categorías
Nesta ocasión establecéronse tres categorías. Así haberá un premio á decoración máis orixinal, dotado con 300 euros, outro premio á decoración máis elaborada dotado con outros 300 euros, e por último un premio ao mellor deseño dotado con 400 euros.

*