lunes, 28 de diciembre de 2009

O Concello poderá reducir nun 40 por cento o seu consumo enerxético

.
A Deputación da Coruña aporta máis de 9.000 euros para adoptar medidas correctoras de eficiencia, aforro e calidade enerxética

Pedreira: "Coa aplicación destas medidas poderáse reducir o consumo enerxético nun 40 por cento"

O Concello levará a cabo unha serie de iniciativas co fin de reducir o consumo enerxético en dependencias e outras instalacións municipais. Para isto recibirán da Deputación da Coruña un total de 9.246,19 euros que irán destinados a realizar unha proposta de medidas correctoras para conseguir a eficiencia, o aforro e a calidade enerxética desexadas.
Lámpadas de baixo cosumo, temporizadores e detectores de presenza
Estas medidas financiarán, entre outras accións, a colocación de lámpadas de baixo consumo, de temporizadores, de detectores de presenza e doutros dispositivos para a redución do consumo en dependencias e outras instalacións municipais.

A iniciativa xorde a través do 'Proxecto Peace: Promoción de eficiencia, o aforro e a calidade enerxética', tal e como comunicou no seu día a Deputación ao Concello ordense, polo que se realizou unha auditoría enerxética no municipio realizando unha análise detallada dos seus alumeados públicos e das súas dependencias municipais.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Coa aplicación destas medidas correctoras, segundo os datos recollidos nas auditorías, poderase reducir o consumo enerxético nun 40 por cento


*