jueves, 3 de diciembre de 2009

¡Labas draugas!*

.
Manuel Regos, recibiu aos alumnos do IES Maruxa Mallo que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius

Os catro alumnos ordenses entregáronlle un obsequio institucional do concello de Druskininkai, onde residiron durante unha semana

Manuel Regos, recibiu esta mañá aos catro alumnos e ás dúas mestras do IES Maruxa Mallo de Ordes que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius que financia a Unión Europea.

No seu día o alcalde enviara un agasallo a través dos escolares para o Concello de Druskininkai, onde residiron estes catro mozos, e en resposta, foron agora os representantes da localidade lituana os que quixeron enviar un obsequio ao consistorio ordense.

Algúns xa teñen nocións de lituano
Ademais durante o acto, o alcalde interesouse polas experiencias vividas polos catro alumnos, Adrián García Muíño, Luis Fernando Cruz, Andrea Ariño Vilariño e Paula Martínez, que aseguraron que a maior das dificultades nada máis chegar foi o idioma, aínda que trala viaxe algún deles incluso chegou a demostrar ter xa uns coñecementos básicos de lituano.

As profesoras Isabel Mato e Rosa Maceiras, que acompañaron aos rapaces anunciaron que a última semana de febreiro visitarán Ordes alumnos lituanos e polacos que participan no proxecto, e en xuño está previsto que o centro ordense realice outra viaxe, nesta ocasión a Polonia.

*Labas draugas en lituano significa 'Hola amigos'.

*