.
O centro da vila acolleu a campaña divulgativa sobre a plataforma municipal contra a violencia de xénero www.ordessenviolencia.org
Co fin de dar a coñecer a nova web promovida polo Concello http://www.ordessenviolencia.org/, na mañá de onte colocábase unha mesa informativa na Alameda.
Unha mesa na que técnicos da concellería de Servizos Sociais informaron aos veciños sobre a nova plataforma web, así como diferentes programas que se están a desenvolver no ámbito da muller por parte do Concello.
A frase de Ana Álvarez, concelleira de Servizos Sociais de Ordes
"Esta plataforma trata de servir como ferramenta para sensibilizar á poboación ordense sobre a violencia de xénero e para garantir un espazo de comunicación entre os profesionais de Ordes que atenden as vítimas”
*